lunes, 27 de noviembre de 2017

A CRUZ CELTA, A ESVÁSTICA E O OUROBORO

SIMBOLISMO COMÚN DA CRUZ CELTA, A ESVÁSTICA E MAILO OUROBORO.


A cruz celta é unha CRUZ SOLAR. As cruces solares están presentes nas culturas milenarias de todo o planeta.

A súa orixe non é cristiá, senón pagá (moi anterior ao cristianismo). O seu simbolismo está relacionado coa observación da NATUREZA, do mundo físico.
O círculo representa o CARÁCTER CÍCLICO da natureza (o eterno retorno).
O círculo está dividido en catro partes, porque os pobos pagáns consideraban que o NÚMERO 4 era o que definía a natureza.

No mundo celta, en particular, existía o que poderiamos chamar a RODA DA VIDA. Era un calendario solar e lunar. Estaba dividida en 8 partes, que se correspondían coas 8 celebracións sagradas: 4 celebracións solares (2 equinoccios e 2 solsticios), máis 4 celebracións asociadas a lúas cheas (Samhain, Imbolc, Beltane e Lammas).


Que simbolizaba, entón, o NÚMERO 4?

O número 4 simboliza:

- Os 4 momentos solares (2 equinoccios de primavera e outono e mais 2 solsticios de inverno e verán).
- As 4 estacións do ano (primavera, verán, outono e inverno).

- As 4 fases da lúa (nova, crecente, chea e minguante).

- Os 4 momentos do día (mañá, mediodía, tarde e noite).

- As 4 fases da vida do ser humano (infancia, xuventude, madurez e vellez).

- Os 4 elementos da Terra (auga, aire, terra e lume).

- Os 4 festivais sagrados, asociados ao lume (con fogueiras, símbolo do deus Sol) e á lúa chea (entre un solsticio e un equinoccio): Samhain, Imbolc, Beltane e Lammas.

- Os 4 puntos cardinais: norte, sur, leste e oeste.

- As 4 direccións: arriba, abaixo, dereita e esquerda.



OS CELTAS, NA PENÍNSULA IBÉRICA



A ESVÁSTICA, EN RELACIÓN Á CRUZ CELTA


A famosa ESVÁSTICA da que se apropiaron os nazis é outro símbolo milenario e universal, directamente relacionado coa CRUZ SOLAR CELTA. Indica o CATRO como configurador do mundo físico, e a sensación de movemento que transmiten as aspas fai referencia, de novo, a esa idea de ETERNO RETORNO.



-Exemplos de esvástica, en culturas de todo o planeta, como símbolo universal do carácter cíclico da natureza (eterno retorno)-



O OUROBORO, EN RELACIÓN Á CRUZ CELTA


Verdade que, en moitas ocasións, usamos a expresión “a pescada que se morde a cola”? Pois esta famosa “pescada” non é nin máis nin menos có ouroboro/uroboro/uróboro.

O ouroboro é un símbolo antiquísimo (crese que ten máis de 3000 anos), e aparece en culturas de todo el mundo…, aínda que, iso si, non sempre en forma de peixe. É, tamén, representado como un verme, unha serpe, un dragón ou, incluso, unha anguía.







Hai unha derivación deste símbolo, na que se expresa o ouroboro como dous elementos que se devoran mutuamente (dous peixes ou serpes; un can e un lobo; un león, con ás, e outro, sen elas; o famoso “yin” e “yang”, etc.), pero non profundizaremos máis, nesta idea.




Sargadelos decidiu representar o ouroboro, seguindo a tradición máis popular do noso país: a pescada, que se morde a cola.




Entón, que significa, exactamente, “ouroboro”?

A palabra ouroboro vén do grego antigo, de “oura” (cola) e “boros” (comer), así que significa “o que se come a cola”, sen especificar nada máis.



A nosa expresión popular “a pescada que se morde a cola” ten, normalmente, unha connotación negativa, porque, ao usala, estamos querendo significar que unha situación determinada –usualmente, non positiva- non ten visos de cambiar drasticamente, debido a que hai unhas consecuencias que, á súa vez, son causa do comezo do mesmo proceso.

Porén, a connotación negativa é unha cuestión de usos e costumes, en España. O ouroboro, en si, non ten sido considerado como negativo en cultura algunha.

É un símbolo que fai referencia a:

* A infinitude do tempo (no círculo, non hai principio nin fin).

* A unión do mundo terrenal ou inframundo (figurado polo animal) e o mundo espiritual ou celestial (figurado polo círculo).

* O ETERNO RETORNO. O círculo implica as ideas de movemento, continuidade e autofecundación. É o ciclo eterno da Vida e a Morte (por tanto, fai referencia, así mesmo, á Resurrección), entendendo esta Vida e Morte non só a nivel material, senón, tamén, espiritual. Cada vez que cambia a nosa visión persoal acerca de algo, “morre” o noso antigo eu, e “resucitamos” como alguén distinto. Así, o final dun camiño ou proceso significa un novo principio. Na CRUZ CELTA, aparte do círculo central, soen aparecer motivos de ESPIRAIS e NÓS (pódese ver na imaxe da portada), sen principio nin fin, que non fan máis ca reforzar todo este simbolismo.



Hai quen opina que os nosos ancestros de toda a orbe tiveron á Vía Láctea como primeira inspiración, ao crear o símbolo do ouroboro, da esvástica e da cruz celta, xa que a nosa galaxia ten forma circular (en realidade, en espiral), e as constelacións van cambiando de posición, no firmamento, con carácter cíclico.




Pero, de igual xeito, o nacemento e morte do sol, cada día; o paso das estacións; solsticios e equinoccios; as fases da lúa… Como xa comentabamos antes, o noso mundo material está repleto de patróns cíclicos.

As coroas de Nadal, sobre as portas; as coroas de defuntos; as coroas de flores, sobre as cabezas de danzantes, en celebracións primaverais; os bailes e cantos en corro… Todas estas expresións culturais non son máis ca representacións deste carácter cíclico da natureza, que tan ben está representado nas cruces solares -entre elas, a CRUZ CELTA-, na ESVÁSTICA e no OUROBORO.


martes, 7 de noviembre de 2017

PRESENTACIÓN PROXECTO 1º E 2º: OS SIGNOS ZODIACAIS


Mirade estes debuxos da pizarra. A cada de vós, tócavos un deles. Cal será? Que pensades?


  • Antía (escorpio): Yo soy escorpio porque mi madre me lo dijo.
  • Marta (piscis): Será porque pellizcan.
  • Alex (cáncer): Yo soy leo porque soy el quinto de la lista de clase y ese es el quinto (dibujo) ahí.
  • Marta: Yo soy la guapita porque mis padres me llaman así, la guapa.
  • Adara (piscis): Yo soy el que empiece de ahí por “a” porque es como Adara.
  • Raúl (virgo): No tengo ni idea.
  • Xavi: Yo tampoco.
  • Pedro: Ni yo.
  • Agustín (virgo): Yo no sé.
  • Xavi (capricornio): Ya sé. Por su nombre. La letra que empiece tiene que ser de uno de nosotros. Cada uno tiene un nombre, ese nombre tiene que empezar por una letra.
  • Marta: Yo soy la modelo.
  • Raúl: No porque el tuyo tiene que empezar por “m”. Entonces, eres el mutante: medio cabra, medio sirena.
Vale, xa hai moitas solucións. Vou ir repartindo os debuxos para darvos algunha pista. Por que credes que vos tocou ese?
  • Marta: Profe, yo soy un pez porque soy medio laretas y los peces son medio laretas.
  • Pedro (sagitario): Porque siempre juego a juegos de héroes y por eso me tocó éste.
  • Xavi: porque tengo muchos animales en casa y por eso me tocó la cabra sirena.
  • Antía: Entonces, ¿yo tengo un escorpión en casa???
  • Xavi: A mi me pusiste éste porque me gusta pescar, ¿no, profe?
  • Aarón (virgo): Ya sé porque me pusiste éste. Porque fui a Málaga y vine muy moreno.

Moi ben. Imos ir descubrindo, pouco a pouco, o motivo polo cal nos toca este debuxo a cada un. Imos ir buscando novas ideas. Eu tamén quero participar. E, a min, tócame este debuxo:
  • Marta: Ahh, a ti te tocan dos guapitas. ¡Qué suerte!



  • Adriana (leo) e Artai (tauro) non están no centro este día.